A Fundación Galicia Europa e Novacaixagalicia reforzan a súa colaboración na defensa dos intereses galegos en Europa
• Novacaixagalicia e á Fundación Galicia Europa potencian a formación dos mozos e mozas galegas en asuntos europeos
• O convenio suscrito facilitará a promoción de Galicia en Bruxelas e a participación das entidades galegas en proxectos europeos
Santiago, 24 de xuño de 2011. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o co-presidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, asinaron un convenio de colaboración que se destinarán a actividades relacionadas coa defensa dos intereses galegos no eido comunitario.
Así, mediante este acordo ambas entidades colaborarán durante un ano no desenvolvemento de diferentes iniciativas tanto en Galicia como en Bruxelas, dentro de tres liñas de traballo fundamentais: formación e sensibilización sobre a Unión Europea, promoción da participación das entidades galegas en proxectos europeos e promoción de Galicia en Bruxelas.
Visto 20315 veces




