Foro Academia Aberta 2011
| 21 diciembre 2011 16:00 | a | 22 diciembre 2011 20:00 |
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL TRAE A CIDADE DA CULTURA A NACHO VIGALONDO E EDUARDO CHAPERO-JACKSON Os dous directores falarán sobre a dirección de cine.

O Foro Academia Aberta conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Agencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, o Consorcio Audiovisual de Galicia e Novacaixagalicia.
A Academia Galega do Audiovisual organiza o mércores 21 de decembro unha masterclass a cargo de Eduardo Chapero-Jackson, e outra para o xoves 22 que levará a cabo Nacho Vigalondo, ambas sobre as facetas da dirección de cine.Ao longo do mércores 21 de decembro, traballarase da man de Eduardo Chapero-Jackson, director de moda do cine español tras sorprender con “Verbo”, que desentrañará as técnicas de rodaxe, efectos e dirección de actores desta película e da súa premiada carreira no mundo das curtametraxes.
O xoves 22 será a quenda de Nacho Vigalondo, nominado ao Óscar en 2004 pola curta “7:35 de la mañana”, e director de “Los Cronocrímenes” e “Extraterrestre”. O cineasta analizará secuencias da súa última película e doutros filmes de directores consagrados, estudiando o porqué das decisións que hai detrás de cada plano.
Estas masterclasses, que terán lugar nas instalacións do Auditorio da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, van dirixidas a profesionais, estudantes e tódolos interesados en coñecer os elementos que integran unha produción cinematográfica. A duración de cada unha das sesión é de 4 horas, en horario de 16.00 a 20.00h.
As prazas serán limitadas para garantir a calidade das masterclass. Tódalas persoas que estean interesadas ou desexen obter máis información poden consultar a páxina web www.academiagalegadoaudiovisual.com, ou dirixirse á info@academiagalegadoaudiovisual.com, ou ao teléfono 981 227 701 e 981 20 8393.
Foro Academia Aberta 2011
Visto 90272 veces


