Becas Directivos Empresas Pesqueras

La COOPERATIVA DE ARMADORES DE PESCA DEL PUERTO DE VIGO, SOC. COOP. LTDA. , ARVI, é unha organización establecida sen ánimo de lucro, de carácter asociativo, que desenvolve unha importante labor, tanto para as asociacións integradas nesta cooperativa como para cada un dos armadores pesqueiros integrados naquelas, ofrecendo servicios de diversa tipoloxía, destacándose aspectos relacionados coa xestión de permisos de pesca, información e publicacións, asistencia, asesoría e consultoría, planificación e plans de pesca y formación y cualificación das persoas que forman parte deste sector.
A Fundación Caixanova ten por obxecto o impulso, xestión e desenvolvemento daquelas actuacións culturais, cívicas, didácticas e educativas, científicas, socio económicas e demais análogas de interese xeral que, a iniciativa propia ou a proposta doutras institucións, fundacións ou organismos, estime necesarios ou convintes para o desenvolvemento socio cultural e económico de Galicia. Entre unha das súas múltiples actividades atópase a creación e concesión de axudas, bolsas e premios que axuden á formación, o estudo, a investigación e o apoio á iniciación profesional e ao emprego. Iso adquire especial relevancia no marco do seu compromiso cos axentes da economía social, no que as cooperativas son un claro exemplo, ámbito de especial interese e dedicación de ambas institucións.
Neste marco ARVI e a Fundación Caixanova están a desenvolver, en colaboración coa Unidade de Economía dos Recursos Naturais e Ambientais da Universidade de Vigo, una nova edición da propuesta formativa, denominada “Master en Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura”, que ten por obxetivo profundizar na cualificación das persoas que queran desenvolver seu futuro profesional nas empresas pesqueiras, xa como una especialización da súa formación académica universitaria de base, xa como complemento formativo a súa labor profesional en empresas que desenvolven este tipo de labor e estean asociadas a ARVI.
A Fundación Caixanova valora que a difusión e coñecemento pola sociedade en xeral das conclusións derivadas dos traballos que realicen as persoas que, superando as probas correspondintes do Master nomeado no epígrafe anterior, cumpriría coas premisas de carácter social que entre os seus fins ten establecidos.
As entidades que subscriben, coa experiencia do desenvolvemento de programas semellantes con anterioridade, consideran convinte a posta en marcha dun novo programa – convenio de iniciación profesional que teña como obxectivo establecer unha vía de colaboración para axudar ós/as mozos/as titulados, segundo as especificacións que se regulan en documentos anexos, a acceder ao coñecemento das técnicas e metodoloxía en materia de xestión cooperativa, como complemento práctico da súa formación.
OBXETIVO DO PROGRAMA DE BOLSAS DE INICIACIÓN PROFESIONAL E FOMENTO DO EMPREGO.- Desenvolvemento dun programa de accións específicas encamiñadas ao fomento do emprego. De xeito concreto, e tendo como obxectivo a mellora na capacitación e empleabilidade de mozos/as (menores de 35 anos), as accións a acometer cumprirán os seguintes obxectivos xerais:
O obxetivo xeral de apoio labor directiva nas empresas pesqueiras, e, polo tanto, o obxetivo xeral deste programa de iniciación profesional, implicará as seguintes dimensións:
- Mellorar o nivel de información xeral e de capacidade de detección de necesidades no que atinxe á función directiva.
- Mellorar as competencias da empresa pesqueira en relación á función directiva.
- Fomentar o intercambio de experiencias entre empresas pesqueiras e a aprendizaxe mutua.
- Colocar ás empresas pesqueiras en condicións de posibilidade para abordar os retos empresariais que están en relación coa potenciación da función directiva.
Este programa de iniciación profesional conleva a convocatoria por parte de Fundación Caixanova e de “ARVI” de 4 bolsas de axuda, a cubrir por persoas que realizarán as prácticas xerenciais titorizadas en empresas pesqueiras. Esta convocatoria irá dirixida tanto a persoas que superen as probas correspondientes ó Master mencionado anteriormaente e que cumpran co perfil establecido, como ás empresas pesqueiras que soliciten bolseiros/as que cumpran os criterios de selección.
As bolsas formativas teórico-prácticas estarán vinculadas a un programa formativo, o transcurso das prácticas nas empresas pesqueiras estarán seguidas pola titorización dun formador/a que estará puntualmente ao tanto do traballo que os bolseiros/as realicen e orientará, resolverá dúbidas, proporá, dará pautas, ou avaliará.
A nivel de cada bolseiro se plantexa como obxetivos:
- Que o participante adquira unha visión estatéxica dende a perspectiva directiva da empresa pesqueira, aprendendo a interpretar a información e potenciando capacidades e habilidades claves para anticiparse ás consecuencias da xestión mentras se fomenta valores e aptitudes que defendes as empresas pesqueiras (traballo en equipo, toma de decisións, comunicación, …). Non se trata de xestionar mellor e/ou máis, sinón pensar estratéxicamente en novas accións que se terán que realizar, e cales deberán deixar de facerse.
- Que as empresas pesqueiras, finalizado o tempo das prácticas, poidan optar á incorporación destes cadros directivos á súa plantilla, explorando, no seu caso, as posibilidades.
Para poder incorporarse como bolseiro/a ao presente programa de iniciación profesional, a persoa seleccionada debe cumprir os seguintes requisitos:
- Dispoñer da formación e capacitación académica que a Fundación Caixanova e “COOPERATIVA DE ARMADORES DE PESCA DEL PUERTO DE VIGO, SOC. COOP. LTDA.” requiran para o cumprimento dos obxectivos esperados do presente proxecto, e especialmente, ser titulado Master en Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura, promovido por ARVI e a Universidade de Vigo.
- Acreditar adecuadamente os requisitos establecidos na convocatoria ou invitación que se realice por parte de ambas institucións.
Visto 41384 veces


